Rural da Vicepresidencia da Deputación ofrece en Xove un novo curso do programa de formación en apicultura
Esta fin de semana comeza en Xove o curso de “Cría de raíñas de abella autóctona”, incluído no programa de formación en apicultura promovido pola área de Rural da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.
O curso, que se desenvolverá na aula de formación do Concello de Xove, celebrarase sábado e domingo - de 9 a 14 horas - e continuará os días 16, 18 e 19 de xullo -nos mesmos horarios-, cuns contidos centrados en métodos de selección e cría de raíñas de abella autóctona, que se encarga de impartir persoal técnico da Casa do Mel de Goente.
O programa de formación en apicultura que está a desenvolver á área de Rural chega a Xove despois dos cursos desenvolvidos en Vilalba e o Valadouro nas últimas semanas e continuará con novas accións en vindeiras datas en Pantón, Muras, Cervo ou Mondoñedo, co obxectivo de ampliar e actualizar os coñecementos de apicultoras e apicultores e facilitar a incorporación de persoas mozas a esta actividade.
Xove
Cría de raíñas con abella autóctona. 6,7, 16, 18 e 19 de xullo (de 9 a 14 horas). Casa da Cultura.
Pantón
Formas de manexo na colmea para a loita contra a velutina. 13 de xullo (mañá e tarde). Comunidade de Montes de Ferroedo
Muras
Iniciación á apicultura. 20,21, 27 e 28 de xullo (9 a 14 horas). Local Municipal de Carelle
Cría de raíñas con abella autóctona. 3,4,13,15 e 16 de agosto (9 a 14 horas). Local Municipal de Carelle
Cervo
Formas de manexo na colmea para a loita contra a velutina. 14 e 15 de setembro (de 9 a 14 horas). Museo do Mar de San Cibrao
Mondoñedo
Formas de manexo na colmea para a loita contra a velutina. 23 e 24 de setembro (de 9 a 14 horas). IES San Rosendo
As persoas interesadas en asistir teñen que anotarse no enderezo electrónico casadomel@vodafone.es ou no teléfono 661003616.