Medio Rural e do Mar, Mocidade
Deputación de Lugo

Tuiriz, en Pantón, acolle esta fin de semana un curso manexo de colmeas contra a velutina impulasdo por Rural da Vicepresidencia da Deputación

apicultura
Casa do Mel
Pantón

Tuiriz, en Pantón, acollerá esta fin de semana un curso sobre o manexo das colmeas para loitar contra a velutina, promovido pola área de Rural da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.

Persoal técnico da Casa do Mel de Goente explicara ás persoas asistentes métodos preventivos para protexer as colmeas desta especie invasora, con contidos teóricos e unha parte práctica.

O curso, que conta coa colaboración da Comunidade de Monte Veciñal en Man Común de Ferroedo, forma programa de formación en apicultura que está a desenvolver a área provincial, co obxectivo de ampliar e actualizar os coñecementos de apicultores e apicultoras e espertar o interese por esta actividade entre as persoas máis novas.

A través deste programa, que comezou en xuño, impartiuse formación en Vilalba, O Valadouro ou Xove -cun curso en marcha –. En vindeiras datas, celebraranse en Muras, Cervo ou Mondoñedo, abordando diferentes cuestións de interese para o desenvolvemento desta actividade, que

O deputado de Rural Daniel García explicou que “se trata dun programa que ofrece formación en diferentes aspectos de interese para apicultoras e apicultores, desde a mellora do rendemento das producións melíferas ata fórmulas de manexo para protexer as abellas autóctonas da velutina, unhas das problemáticas que máis preocupa ao sector ”.

O responsable provincial destacou “que é unha proposta que xurde da colaboración e o diálogo coas entidades representativas do sector, que complementa outras actuacións que desenvolvemos nos últimos meses da man da Asociación Galega de Apicultura e que amplía a aposta da área de Rural pola formación e o asesoramento no sector primario”.

Pantón

Próximos cursos

Muras
Iniciación á apicultura. 20,21, 27 e 28 de xullo (9 a 14 horas). Local Municipal de Carelle
Cría de raíñas con abella autóctona. 3,4,13,15 e 16 de agosto (9 a 14 horas). Local Municipal de Carelle

Cervo
Formas de manexo na colmea para a loita contra a velutina. 14 e 15 de setembro (de 9 a 14 horas). Museo do Mar de San Cibrao

Mondoñedo
Formas de manexo na colmea para a loita contra a velutina. 23 e 24 de setembro (de 9 a 14 horas). IES San Rosendo

As persoas interesadas teñen que anotarse no enderezo electrónico casadomel@vodafone.es ou no teléfono 661003616.