Medio Rural e do Mar, Mocidade
Deputación de Lugo

A área de Rural da Vicepresidencia impulsa unha formación sobre enfermidades animais dirixida ás gandarías

Proecogal
GANDEIRÍA
sector primario

Investigadores e profesionais veterinarios formaron este venres no Pazo de San Marcos a gandeiras e gandeiros sobre enfermidades animais. A área de Rural da Vicepresidencia da Deputación impulsou a xornada “Novos desafíos nas producións gandeiras. Lingua Azul, EHE e parasitos” promovida pola Asociación de produtoras e produtores ecolóxicos de Galicia (Proecogal). O deputado Daniel García inaugurou esta formación e destacou “a necesidade dunha formación que sirva de apoio na adaptación das gandarías ao cambio climático” e animou á entidade “a continuar con estas xornadas no tempo, xa que se trata dun sector estratéxico e imprescindible no noso país. Para nós é un orgullo participar nesta formación que prepara para os desafíos do futuro”.

Durante a xornada abordáronse cuestións relativas á incidencia, a  prevención ou ao control de enfermidades que están afectar á cabana gandeira como a lingua azul, a enfermidade hemorráxica epizoótica (EHE) ou outras afeccións transmitidas por parasitos. Os profesores da Universidade de Santiago de Compostela Pablo Díaz Fernández e o veterinario Enrique Gutiérrez Vázquez foron os relatores desta formación.