Parga réndese á súa Feira da Cantería, Callos e Artesanía grazas ao apoio da Deputación
![](/sites/deputacionlugo.org/files/2024-07/210724%20Feira%20da%20Canter%C3%ADa%2C%20Callos%20e%20Artesan%C3%ADa.jpg)
O Deputado de Medio Ambiente, Carlos López, participou este domingo na XXIX Feira da Cantería, Callos e Artesanía de Guitiriz, un evento, que organizou o Concello e a Asociación de Veciños do Campo da Feira de Parga, e que conta cunha colaboración por parte da institución provincial, a través do Plan Único Deputación de case 7.000 euros. Os veciños e veciñas que asistiron a esta cita puideron desfrutar do XXVI Certame de Cantería, a Mostra de Artesanía, así como múltiples actuacións musicais, degustacións e música, entre outras actividades.