Deputación de Lugo

O Presidente da Deputación asiste á entrega de Medallas de Galicia, que este ano recoñecen o audiovisual galego

MEDALLAS DE GALICIA 2024

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, asistiu este mércores no Museo Centro Gaiásde Santiago de Compostela á entrega das Medallas de Ouro de Galicia 2024, que este ano recoñecen a traxectoria do audiovisual galego. O selo lucense estivo presente entre os tres galardoados, posto que un dos premiados foi Luis Tosar,actor natural do concello de Cospeito cunha ampla traxectoria cinematográfica.  Tamén se recoñeceu o traballo da produtora, escritora e directora, Zaza Ceballos, e o labor da Academia Galega do Audiovisual. Tomé Roca felicitou aos galardoados e reivindicou a importancia do audiovisual galego, un sector co que a Deputación de Lugo está moi comprometido.