Deputación de Lugo

O Vicedo revivirá o seu pasado viquingo esta fin de semana grazas ao apoio da Deputación

Romaxe viquinga


A Deputada de Economía, Recadación, Facenda e Especial de Contas, Carmela López, asistiu este venres ao pregón da 7ª Romaxe Viquinga do Vicedo, que ofreceu o actor Alfonso Agra. López lembrou a importancia da cita, coa que colabora a institución provincial cunha achega de case 30.000€ do Plan Deputación, que revive o pasado viquingo desta localidade mariñá. A Deputada aproveitou para convidar a veciños e visitantes a mergullarse na historia e a sumarse ás actividades que están programadas ao longo de toda a fin de semana na contorna de San Román, como son o desembarco, as batallas ou as vodas, entre moitas outras.