O Presidente preside en Monforte as honras á Virxe de Montserrat
Tras a celebración da eucaristía, no atrio da igrexa de San Vicente tivo lugar a procesión coa Virxe de Montserrat que culminou coa ofrenda floral a cargo do mandatario provincial, á que seguiron as danzas tradicionais na súa honra, a cargo do Grupo de Baile Tradicional do Concello de Monforte, ó son do Grupo de Gaitas Terra de Lemos.
O Presidente da Deputación de Lugo e Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, encabezou este xoves, 15 de agosto, a comitiva institucional nos actos litúrxicos na honra á Patroa da localidade monfortina, a Virxe de Montserrat, no día grande das Festas Patronais.
Deste xeito, a comitiva oficial encabezada polo mandatario provincial, acompañado tamén pola Deputada de Igualdades, Marisol Morandeira, e formada por diversos membros da Corporación Municipal, así como por representantes dos Corpos e Forzas de Seguridade do Estado, así como diversas autoridades de índole local, galego e nacional, partiu ás 10:30 horas da Praza do Concello, como é tradición, para dirixirse á igrexa de San Vicente, acompañados polo Grupo de Baile Tradicional do Concello de Monforte de Lemos e do Grupo de Gaitas Gaiteiros de Lemos.
A chegada da comitiva oficial á igrexa de San Vicente tivo lugar ás 11 horas; o párroco D. Rafael recibiu ó rexedor municipal e, tras elo, iniciouse a eucaristía na honra da Patroa de Monforte, a Virxe de Montserrat.
Deste xeito, tras a eucaristía, que foi cantada pola Coral Polifónica do Concello de Monforte, celebrouse, no atrio e exterior da igrexa, unha Procesión coa imaxe da Virxe e unha Ofrenda floral á Virxe de Montserrat na que o Alcalde de Monforte, acompañado pola súa esposa, depositou flores ante a Virxe. Tras el, fixérono o resto de membros da Corporación Municipal e demais autoridades presentes, e deseguido, todos aqueles veciños e visitantes que quixeron render sentida homenaxe á Virxe.
Amenizaron o acto o Grupo de Baile Tradicional do Concello de Monforte, ó son do Grupo de Gaitas Terra de Lemos, executaron diversas pezas de danza diante da Virxe. Tras elo, concluíron os actos de honra á Virxe.
O prato forte no programa das Festas Patronais do día de hoxe serán os Fogos de San Vicente, que terán lugar esta noite ás 12 horas, e o concerto de Álvaro de Luna, que dará comezo tras os Fogos, as 00:30 na explanada da Compañía.