Deputación de Lugo
Turismo

O Festival Trece Roeis enche Pantón de música ata este sábado co impulso da Deputación

Trece Roeis Fest
A Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, asistiu este venres á primeira xornada do cita que conta cunha achega de 6.000€ da institución provincial “para contribuír a dinamizar social, turística e economicamente a Ribeira Sacra”

A Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, asistiu este venres aos concertos da primeira xornada do festival Trece Roeis, que se celebra ata o sábado en Pantón. A Deputación de Lugo achega 6.000€ para a celebración desta cita, “que contribúe a dinamizar social, turística e economicamente a Ribeira Sacra”, subliñou García Porto. 

Así mesmo, a Deputada enmarcou esta colaboración provincial no modelo de turismo que defende a Deputación, “de calidade, proximidade, sostible e con capacidade para atraer visitantes todo o ano”. Ademais, destacou o compromiso da institución provincial “de colaboración cos 67 concellos da provincia e ao seu tecido asociativo para dinamizar a vida social e económica do territorio, sobre todo no rural”, concluíu García Porto.

Na primeira xornada Sara Socas abriu o cartel, á que seguiron TIAM Gz, Fillas de Cassandra, Soziedad Alkoholika, Arrhythmia e Rebeliom do inframundo. O sábado pola tarde é a quenda de Exeria, Ana Tijoux, Sôber. 30 aniversario con Savia e Skizoo, Green Valley e Los de Marras.