Comezan os traballos para completar a renovación da iluminación no Pazo dos Deportes

O vicepresidente da Deputación Efrén Castro achegouse ao Pazó dos Deportes, onde se están a desenvolver os traballos de instalación desta semana a instalación de 30 luminarias e 15 proxectores led, que culminarán a renovación do sistema de iluminación do espazo deportivo. Persoal do servizo de mantemento coloca desde este luns as diferentes luminarias, que substitúen as anteriores mellorando a iluminación e reducindo o consumo actual.
As 45 pezas substituídas darán unha mellor iluminación ás bancadas e aos aros exteriores e veñen a completar os traballos realizados en 2022 coa renovación de 40 luminarias situadas sobre a cancha do Pazo dos Deportes.