Medio Rural e do Mar, Mocidade
Cultura
Deputación de Lugo

O deputado de Mocidade Daniel García asistiu á primeira xornada de concertos do festival Osa do Mar de Burela

OSA DO MAR
Burela

Daniel García valorou "o espazo que as bandas de musica en galego e os artistas locais teñen no festival desde o inicio, hai unha década" e "o interese da organización por facer parte do festival ao tecido asociativo e cultural de Burela, e a sensibilidade coa diversidade funcional que se reflicte especialmente na loxística desta edición"

Jordana B., Mondra, Grande Amore, The Rapants e Rapariga DJ, Basquiat, Yawners d Futuros Alcalde completaron o cartel desta primeira xornada do festival, organizado pola Asociación Cultural Fanto Fantini.

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo apoia a organización do festival Osa do Mar desde a primeira edición. Nesta anualidade, a área de Mocidade destina 14.000 á Asociación Cultural Fanto Fantini.