Medio Rural e do Mar, Mocidade
Deputación de Lugo

Rural presenta o programa da Escola á Granxa nunha xornada para profesionais do eido turístico no Piornedo

DA ESCOLA Á GRANXA

A área de Rural da Vicepresidencia da Deputación presentou o programa de visitas escolares a gandeirías e proxectos de emprendemento no rural Da Escola á Granxa no curso de 'Dinamización de Turismo Comunitario', que se está a desenvolver esta fin de semana no Piornedo.

A formación, organizada polo GDR Montes e Vales Orientais dentro do proxecto RETTURN, está orientada a crear produtos turísticos revitalizadores das tradicións e cultura locais, incorporando nestes os coñecementos, valores e modos de vida tradicionais da comunidade rural.