Deputación de Lugo

A Deputación recibe a Placa de Ouro de Securitas Direct que recoñece a Lugo como unha das provincias máis seguras de España

Pablo Rivera Capón
Recibimento da Placa de Ouro de Securitas Direct

O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, recolleu este martes en nome da Deputación de Lugo a Placa de Ouro da Seguridade, unha distinción que lle entregou Javier Iglesias, director Territorial Noroeste de Securitas Direct. Pablo Rivera amosou a súa satisfacción polo recoñecemento, destacando que “significa que somos das provincias máis seguras de España. A seguridade é un elemento clave para o desenvolvemento de calquera comunidade e ter un entorno seguro mellora a calidade de vida dos nosos veciños e veciñas, pero tamén actúa como un imán para atraer visitantes e investidores, impulsando así o crecemento económico”. 

A compañía publicou recentemente un barómetro de seguridade que recolle as comunidades autónomas, as provincias e cidades máis seguras de España. Na caso de Lugo, atópase entre as máis seguras do país, na quinta posición. Unha clasificación que se outorga en base aos resultados do informe A seguridade nos fogares e negocios, publicado polo Observatorio Securitas Direct, que reflicte os baixos niveis de incidentes na provincia, consolidando a Lugo como un referente en seguridade e tranquilidade.