Axenda Institucional
Deputación de Lugo

A Deputación de Lugo participa na festividade dos Santos Anxos Custodios, patrón da Policía Nacional

santos anxos custodios

A Deputación de Lugo participou este martes nos actos celebrados na provincia con motivo da festividade dos Santos Anxos Custodios, patrón da Policía Nacional. O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, estivo presente nos actos celebrados en Monforte de Lemos, a Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, asistiu á celebración organizada en Viveiro, mentres que o Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, tomou parte da entrega de condecoracións que tivo lugar no Auditorio da Facultade de Veterinaria na cidade de Lugo. 

Durante os actos institucionais, José Tomé subliñou a relevancia do labor dos membros da Policía Nacional e a súa valiosa contribución á seguridade e ao benestar da provincia. Destacou que o compromiso e dedicación dos Corpos e Forzas de Seguridade do Estado son fundamentais para garantir a nosa seguridade”. Os actos contaron coa participación de autoridades locais, representantes de diferentes corpos e forzas de seguridade.

 

Actos Viveiro