Deputación de Lugo

A Deputación de Lugo celebra o arranque do San Froilán co pregón da artista Luz Darriba

Pilar García Porto
San Froilán
San Froilán

A Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, asistiu este venres ao pregón do San Froilán 2024, que ofreceu a artista multidisciplinar Luz Darriba. As palabras desta muller, autora da creación dunha muralla de libros en Lugo no ano 2000, marcan o arranque das festas patroais. Durante o pregón, a Deputada estivo acompañada no balcón da Casa do Concello de Lugo pola Alcaldesa, Paula Alvarellos, a Corporación municipal, e a Subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, entre outras autoridades.