O tradicional encontro de persoal da Deputación por San Froilán reúne a máis de 100 traballadores e traballadoras
O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, participou este venres no tradicional encontro do persoal da institución provincial nas casetas do polbo con motivo do San Froilán. O xantar, organizado pola Xunta de Persoal e o Comité de Empresa da Deputación, reuniu a máis dun cento de empregados e empregados, que estiveron acompañados polo Presidente e o Vicepresidente da Deputación, Efrén Castro Caloto.
Ademais, tamén participaron os deputados de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto; de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón; de Medio Ambiente, Carlos López López; de Cooperación e Asistencia aos Concellos, Xosé María Arias; de Economía, Recadación, Facenda e Especial de Contas, Carmela López Moreno; e de Muller e Igualdade, Marisol Morandeira Morandeira.