O Presidente recibe a Medalla Colexial concedida á Deputación polo Consello Xeral de Secretarios, Interventores e Tesoureiros de Lugo
O Pazo de San Marcos acolleu este venres o acto de entrega das medallas de prata e de ouro do Consello Xeral de Secretarios, Interventores e Tesoureiros, que se outorgaron a nove colexiados locais polo seu traballo destacado e á súa contribución á mellora da xestión pública e do servizo aos cidadáns
O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, recibiu este venres no Pazo de San Marcos a Medalla Colexial concedida á Deputación de Lugo polo Consello Xeral de Secretarios, Interventores e Tesoureiros (COSITAL), en recoñecemento ao labor da institución provincial. O mandatario provincial recolleu a distinción da man do presidente da entidade, José Antonio Cillero, nunha gala celebrada na sede provincial, na que tamén se outorgaron as medallas de prata e de ouro a nove colexiados, seis diplomas colexiais, polo seu traballo destacado na mellora da xestión pública e na optimización dos servizos aos cidadáns.
José Tomé expresou a súa honra por recibir esta medalla que cualificou como "un estímulo para seguir avanzando no camiño da colaboración". O mandatario provincial subliñou “a importancia de seguir mellorando as condicións laborais, achegar a administración ao cidadán e adaptar as institucións ao ritmo dos tempos para promover o desenvolvemento social”.
“Este recoñecemento serve para reafirmar o noso compromiso coa xestión pública de calidade. A colaboración é a nosa obriga, e este premio é un estímulo para seguir por ese camiño”, asegurou o Presidente da Deputación, quen tamén fixo fincapé na necesidade de poñer en marcha medidas que melloren a formación das persoas e adapten os servizos públicos ás novas realidades sociais e tecnolóxicas”, afirmou.
Tomé Roca quixo felicitar aos profesionais galardoados e destacou o traballo de todos os membros de COSITAL “como un piar fundamental para a autonomía da administración local e o bo funcionamento das institucións”.
A directiva de COSITAL Lugo está composta polos seguintes integrantes: José Antonio Mourelle Cillero, Presidente; Alejandro Maseda Mallo, Vicepresidente; David Criado Taboada, Secretario; Rosa Abelleira Fernández, Interventora; e Juan Hernando Rosa Ruiz, Vogal-Delegado.
Distincións coas medallas e recoñecemento aos xubilados
A solemne entrega de honores e distincións do COSITAL Lugo tivo lugar nun acto no que se outorgaron as Medallas de Ouro aos profesionais e diplomas a tres profesionais con máis de 35 anos ao servizo, en recoñecemento á súa traxectoria e valiosas contribucións á administración local. Os galardoados con esta honra foron Rafael Castillo Reboiro, do Concello da Pobra do Brollón; Manuel Fernández Fernández, de Riotorto; e María Luz Hermida Pernas, de Triacastela. Este recoñecemento representa a maior distinción do colexio e destaca a súa dedicación e o seu traballo exemplar nas respectivas áreas de actividade.
Así mesmo, concedéronse Medallas de Prata e diplomas a seis colexiais con máis de 25 anos de traxectoria polo seu esforzo e compromiso. Entre os premiados están Rosa Abelleira Fernández e José Ferreiro Fernández, ambos da Deputación de Lugo; Marco Antonio García-Gabilán Sangil, do Corgo; María Esperanza Garmendia Núñez, de Baleira; María Elisa Muñoz Álvarez, de Baralla; e Ana María Rubiera Álvarez, de Cospeito. Estes profesionais, con moito traballo e dedicación, mereceron este recoñecemento polo seu servizo ás súas comunidades e ao benestar da administración local.
Ademais, durante o acto tamén se outorgaron diplomas colexiais a seis persoas, como sinal de recoñecemento á súa dedicación e logros no ámbito profesional. Os destinatarios destes diplomas foron Regina Blanco Martínez, do Valadouro; José Antonio Carro Asorey, de Sarria; Mª Belén López López, da Pastoriza; José Antonio Mourelle Cillero, da Deputación de Lugo; Ana Rivas García, de Lugo; e Begoña Teijeiro Campo, de Barreiros. Cada un deles foi recoñecido por o seu importante traballo dentro da administración local.
No acto, tamén se deu a benvida aos funcionarios de novo ingreso, entregándolles unha insignia colexial como sinal de integración. Finalmente, recoñeceuse a traxectoria de varios colexiados xubilados, outorgándolles medallas en agradecemento á súa dedicación. O acto pechou cun recoñecemento a todos os galardoados, subliñando o seu valioso traballo no desenvolvemento da administración local.