A Deputación participa na entrega de Premios AJE Lugo ás iniciativas empresariais da provincia
O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, participou este venres no Vello Cárcere na IX Edición dos Premios AJE Lugo, que recoñecen ás iniciativas empresariais e o labor das empresas da provincia. “A vosa dedicación é o motor que move en gran parte a provincia cara adiante, demostrando que con coraxe e esforzo pódese chegar moi lonxe”, destacou o Deputado, nunha cita que distinguiu ao mellor novo empresario, á mellor iniciativa emprendedora, un accésit á innovación e outro á Responsabilidade Social Empresarial (RSE).
Desexou Rivera Capón “que os premios de hoxe sexan só o comezo dun longo camiño de éxito e, sobre todo, de satisfacción. Porque o verdadeiro éxito non está só nos números, está no impacto que cada un dos vosos proxectos ten nas vidas dos outros, na nosa comunidade e na nosa provincia”.