Entidade responsable:
Rol:
- Responsable do tratamento
Finalidades do tratamento:
- Xestión dos procesos de licitación e adxudicación de contratos administrativos, tramitación dos expedientes e formalización dos contratos.
- Rexistro de empresas, profesionais e autónomos que presenten solicitude para contratar coa entidade.
Base lexitimación:
- RXPD 6.1.c) Tratamento necesario para o cumprimento dunha obrigación legal aplicable ao responsable do tratamento.
- RXPD 6.1.e) Tratamento necesario para o cumprimento dunha misión de interese público ou no exercicio de poderes públicos.
- RXPD 6.1.b) Tratamento necesario para a execución dun contrato no que o interesado é parte ou para a aplicación a petición deste de medidas precontractuais.
- Lei 9/2017, do 8 de novembro, de Contratos do sector público.
- Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de Transparencia e bo goberno.
- Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das Administracións Públicas.
Categorías de interesados:
- Persoas físicas e representantes de entidades xurídicas que forman parte dos expedientes xestionados no servizo e persoal adscrito aos contratos
Categorías de datos:
- Datos de categorías xerais:
- Identificativos (DNI/Pasaporte/NIE, nome, apelidos, correo electrónico, enderezo postal, teléfono, sinatura manuscrita, sinatura electrónica, Nº SS/Mutualidade, datos de representación).
- Características persoais (data de nacemento, nacionalidade).
- Académicos e profesionais (formación, titulacións, experiencia profesional, pertenza a colexios ou a asociacións profesionais).
- Detalles de Emprego (profesión, postos de traballo).
- Información comercial (actividades e negocios).
- Económicos, financeiros e de seguros (ingresos e rendas, créditos, préstamos, avais, datos bancarios, seguros).
- Transaccións de bens e servizos (bens e servizos fornecidos polo afectado).
- Outros datos: Datos de Infraccións penais e sancións administrativas.
Destinatarios:
- Xulgados e Tribunais.
- Administracións públicas no exercicio das súas competencias.
- Diarios oficiais, Páxinas web e outros medios de comunicación institucional.
Transferencias internacionais:
Prazo de supresión:
- Conservaranse durante o tempo que sexa necesario para cumprir coa finalidade para a que se solicitaron e para determinar as posibles responsabilidades que se puidesen derivar da devandita finalidade e do tratamento dos datos. Será de aplicación o previsto na normativa de arquivos e documentos.
Medidas de seguridade:
- Medidas técnicas e organizativas previstas polo Esquema Nacional de Seguridade.
Dereitos en protección de datos:
- Para solicitar o acceso, rectificación, supresión, limitación, portabilidade e oposición do tratamento dos datos persoais, no caso de que se dean os requisitos establecidos no Regulamento Xeral de Protección de Datos, así como na Lei Orgánica 3/2018, de 5 de decembro, de Protección de Datos Persoais e garantía dos dereitos dixitais, pode dirixir un escrito ao responsable do tratamento, neste caso, a Deputación de Lugo, en Rúa San Marcos, 8, 27001-Lugo, ou a través da sede electrónica da mesma (https://sede.deputacionlugo.org).
Datos de contacto do DPD: