Deputación de Lugo

O Presidente traslada as súas condolencias ao Grupo Aresa tras o falecemento de Álvaro Rodríguez Eiras

José Tomé Roca
Premio Aresa
- José Tomé Roca asistirá mañá ao funeral do empresario natural de Meira, que aos seus 92 anos continuaba á fronte da firma que fundou hai máis de 50 anos e que é unha referencia na fabricación, asesoramento e venta de subministros agrícolas

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, trasladou este luns as súas condolencias ao Grupo Aresa tras o falecemento de Álvaro Rodríguez Eiras. O empresario natural de Meira continuaba, aos seus 92 anos, á fronte da firma que fundou hai máis de 50 anos e que é unha referencia na fabricación, asesoramento e venta de subministros agrícolas.

“Déixanos un dos empresarios de referencia da nosa provincia”, sinalou o Presidente, quen valorou que Álvaro Rodríguez Eiras “foi unha persoa absolutamente comprometida co rural e co desenvolvemento do sector primario. Compartíamos a idea de que a formación e a investigación son fundamentais para ese desenvolvemento e hoxe en día os Premios Aresa que el creou teñen unha transcendencia moi importante”.

Tomé Roca fixo chegar os seus máis sentido pésame aos seus familiares e amigos, tamén aos seus compañeiros do Grupo Aresa. Mañá asistirá ao funeral do empresario, previsto para as 17.00 horas na igrexa lucense de Santiago A Nova.