Medio Rural e do Mar, Mocidade
Deputación de Lugo

Unha mostra do Campus Terra recolle a importancia do silvopastoreo e das razas autóctonas ante os retos do cambio climático

VICEPRESIDENCIA DEPUTACIÓN LUGO
CAMPUS TERRA USC
RURAL
SILVOPASTOREO
A exposición, instalada no Pazo de San Marcos, explica o proxecto Life Silfore no que participou o Grupo de Sistemas Agroforestais e Agroecoloxía do campus lucense

Os corredores da primeira planta do Pazo de San Marcos acollen unha exposición itinerante creada a partir do proxecto Life Silfore no que participou o Grupo de Sistemas Agroforestais e Agroecoloxía do Campus Terra.

A mostra está por formada por paneis que explican a planificación, execución, avaliación e ferramentas xeradas a partir deste proxecto financiado polo programa dirixido a promover o silvopastoreo e a conservación de razas de gando autóctonas para mellorar a adaptación dos ecosistemas do noroeste peninsultar ao cambio climático.

A iniciativa, financiada polo proxecto Life da Unión Europea, desenvolveuse en base a proxectos “demostradores” en distintos puntos de Galiza, Asturias, Euskadi e norte de Portugal, entre eles, Ribeira de Piquín, Cervantes ou Friol.