Medio Rural e do Mar, Mocidade
Deputación de Lugo

A Moexmu recoñece a colaboración da área de Rural na organización da feira, que continuará en 2025

VICEPRESIDENCIA DEPUTACIÓN LUGO
moexmu
DANIEL GARCÍA FERNÁNDEZ
RURAL

O coordinador da Moexmu Xose Manuel Rus entregou unha insignia conmemorativa das 40 edicións da feira de mostras ao deputado de Rural Daniel García Fernández. Un distintivo que recoñece a colaboración da área provincial cos actos celebrados o pasado mes de stembro polo corenta aniversario de Moexmu cunha homenaxe ás máis de 100 veciñas e veciños que participaron nas comisións organizadoras ao longo das súas corenta edicións.

No encontro, Daniel García reiterou "o compromiso da área de Rural coa organización da feira que se consolidou como referente da gandería e do rural grazas á dedicación da veciñanza de Muimenta". Nesa liña, na xuntanza  avanzouse tamén na renovación da colaboración coa vindeira edición da feira, que contará un ano máis co apoio das áreas de Rural e Cultura para a organización do certame gandeiro e as actividades culturais.