Éxito no programa de Hortos Saudables que organiza a Deputación para impulsar o benestar e a sustentabilidade
O Deputado de Medio Ambiente, Carlos López López, xunto á Concelleira de Participación e Servizos para a veciñanza do Concello de Lugo, presentou este luns na Praza de Abastos deste municipio o obradoiro Bailando coa terra: sementando pasos colleitando tango. Esta iniciativa, que xa conta con todas as prazas cubertas, enmárcase dentro do programa Hortos saudables que organiza a Deputación de Lugo para promover o benestar e a sustentabilidade entre a veciñanza. En concreto, participarán neste curso gratuíto preto de 30 persoas e desenvolverase cada venres a partir do 7 de febreiro e ata o 27 de xuño no Mercado Municipal de Lugo.
As actividades continuarán o vindeiro 15 de febreiro cun obradoiro de arte floral; o 22 de febreiro realizarse un curso de competencias con motoserra para principiantes; e o 6 e o 13 de marzo terá lugar unha iniciativa de maquillaxe saudable.
As persoas interesadas en consultar máis información sobre esta programación poden facelo visitando a páxina www.hortosurbanos.deputacionlugo.org ou chamando aos teléfonos 607 720 032 / 609 812 887.