Deputación de Lugo
Formación

A Deputación recibe a 23 alumnos e alumnas do IES Ánxel Fole de Lugo na Produtora do Servizo de Audiovisuais

Servizo de Audiovisuais

O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, recibiu este xoves aos 23 alumnos e alumnas do IES Ánxel Fole, de Lugo, que coñeceron a Produtora do Servizo de Audiovisuais da Deputación de Lugo. Acompañados polo persoal técnico e dous docentes do centro, realizaron unha visita didáctica polo arquivo, a redacción, a sala de cámaras e o resto de departamentos para descubrir, de primeira man, as tarefas que desenvolven cada día. Pablo Rivera deu a benvida ao alumnado e destacou que esta visita se enmarca dentro de programación que mantén activa a institución provincial e que se dirixe a asociacións e centros educativos da provincia.