O Presidente destaca a importancia da educación ambiental nun curso de enxerto da Reserva da Biosfera Terras do Miño
O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, vén de saudar ás persoas que participan no curso de enxerto que a institución provincial ten en marcha dentro do programa de actividades da Reserva da Biosfera Terras do Miño. Tomé Roca intercambiou opinións cos participantes sobre este método para unir dúas plantas e explicoulles que o obxectivo das actividades nas dúas reservas que xestiona a Deputación –Terras do Miño e Ancares Lucenses- é fomentar o ocio saudable e a educación ambiental.
No encontro, que tivo lugar no Centro de Interpretación de Terras do Miño, participaron ademais o Deputado de Medio Ambiente, Carlos López, o de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, e cerca dunhas 20 persoas.