A presentación das solicitudes realizarase obrigatoriamente por medios telemáticos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Deputación de Lugo http://deputacionlugo.gal. Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación admitidos pola sede electrónica da Deputación de Lugo.
As solicitudes, ANEXOS e documentación que corresponda, deberán formularse con sinatura electrónica segundo corresponda, por presidente/a e/ou secretario/a.
De se producir presentación presencial, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
PRESENTACIÓN DA DOCUMENTACIÓN
Toda a documentación deberá presentarse a través da sede electrónica e en formato PDF.
Para presentar a documentación na sede electrónica da Deputación Provincial pode acceder a través do seguinte enlace:
https://sede.deputacionlugo.org/opencms/opencms/sede
Sede electrónica
Subvencións
Subvencións concorrencia competitiva
Alta de solicitude
Asi mesmo, calquera documentación presentada con posterioridade á aquela formulada coa solicitude inicial deberá presentarse no referido expediente de solicitude.
Se desexa presentar máis dunha solicitude deberá crear un expediente INDIVIDUALIZADO para cada unha delas, é dicir, crear expresamente un novo expediente para cada solicitude.
Prazo de presentación de solicitudes: 10 días hábiles, a contar a partir do día seguinte da publicación no BOP de Lugo do extracto da convocatoria (BOP núm. 055, do sábado 08 de marzo de 2025), polo tanto remata o venres 21 de marzo de 2025.
EMENDA DE DOCUMENTACIÓN
Unha vez revisada a documentación presentada, no caso de ser preciso, enviarase un requirimento a través da sede electrónica.
Recoméndase actualizar o enderezo de correo electrónico para a recepción das notificacións.
A forma de recibir a notificación é a seguinte:
Recibirá un correo electrónico no enderezo de correo electrónico que teña no seu perfil da sede electrónica.
Entre na sede electrónica da Deputación Provincial
https://sede.deputacionlugo.org/opencms/system/modules/sede/index
Identifíquese >> Carpeta cidadá >> Mis notificacións
Marque a notificación e indique "Recibir" ou "Deseo rechazar a documentación seleccionada"
A continuación asinará e aparecerá unha "certificación da documentación recibida". Para ver o requirimento deberá premer o botón FIRMAR na esquina inferior dereita.
Descargar e finalizar.
PRESENTACIÓN DA NOVA DOCUMENTACIÓN
Entre na sede electrónica da Deputación Provincial
https://sede.deputacionlugo.org/opencms/system/modules/sede/index
Identifíquese >> Carpeta cidadá >> Acceder a mi carpeta
Seleccione o expediente e marque INCORPORAR DOCUMENTACIÓN
DOCUMENTACIÓN
Actividade competitiva federada, documentación que debe presentar:
Extracto da convocatoria
Información: 982 260 263
carmen.culturaedeporte@deputacionlugo.org