Deportes e mocidade
Deputación de Lugo

Sergio Chumil gañou a cuarta etapa de O Gran Camiño, patrocinada pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo

VICEPRESIDENCIA DEPUTACIÓN LUGO
Deportes
O GRAN CAMIÑO
Ciclismo

O ciclista guatemalteco Sergio Chumil, do Burgos Burpellet BH, logrou a vitoria na cuarta etapa da volta profesional a Galiza O Gran Camiño que se disputou hoxe entre A Pobra do Brollón e O Cebreiro, co patrocinio da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.

A etapa, cun percorrido de 136 quilómetros, decidiuse ao sprinte,  nos metros finais de ascenso ao Cebreiro, onde o ciclista guatemalteco superou a Derek Gee, que se mantén como líder da volta.

O pelotón internacional tomara a saída ás 13.30 horas na Pobra do Brollón, onde a loxística dos equipos e a presenza dos ciclistas espertou o interese de veciñanza e visitantes.

Durante o percorrido, a proba pasou tamén polos concellos de Monforte de Lemos, Bóveda, O Incio, Sarria, O Páramo, Láncara, Baralla, Becerreá, Cervantes, As Nogais e Vega de Valcarce, no Bierzo.

Un minuto de silencio polo falecemento da alcaldesa de Lugo

Na saída da carreira, gardouse un minuto de silencio polo falecemento da alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos.