Deputación de Lugo

O Presidente da Deputación recibe no Pazo de San Marcos ao novo Xefe da Garda Civil en Lugo, Luis Germán Avilés Cabrera

José Tomé Roca
Recepción Luis Germán Avilés

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, recibiu este martes no Pazo de San Marcos ao novo Xefe da Garda Civil na provincia de Lugo, Luis Germán Avilés Cabrera. No encontro, o mandatario provincial aproveitou para desexarlle moitos éxitos nesta nova etapa, que iniciou no mes de xaneiro tras coordinar as comandancias de Oviedo e Zaragoza. Durante a recepción, Tomé Roca fíxolle entrega dun exemplar do libro Proxectos para o Hospital Isabel II, o Instituto de 2ª Ensinanza e a Deputación Provincial de Lugo, como agasallo institucional e puxo en valor o labor que desempeña a Garda Civil para garantir a seguridade e o benestar dos veciños e veciñas.