A Deputación de Lugo enxalza o alto valor do aceite de Quiroga na súa tradicional Mostra

O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, participou este domingo na 25º edición da Mostra do Aceite de Quiroga, un evento que se celebrou na Praza do Auditorio deste municipio e que está declarado Festa de Interese Turístico de Galicia. Enxalzou o Deputado o alto valor deste produto emblema na nosa provincia e destacou a importancia deste tipo de iniciativas “para afianzar a identidade local e promover o turismo e a gastronomía da comarca”.
A Mostra deste ano presentou unha ampla oferta de actividades para todos os públicos, entre as que se incluíron demostracións en vivo da elaboración artesanal do aceite, postos de venda de produtos típicos da zona, degustacións e actuacións do grupo tradicional O Recanto. Tamén tivo lugar un acto destacado co nomeamento do primeiro Embaixador do Aceite de Quiroga, un honor que foi outorgado ao chef Kike Piñeiro, do Restaurante A Horta do Obradoiro en Santiago de Compostela.