A augardente volve ser en Portomarín testemuña viva da tradición e da cultura, co apoio da Deputación
A Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, participou este domingo nos actos da Festa da Augardente de Portomarín, na que se recibiu aos novos cabaleiros e damas que ingresaron na Orde Serenísima da Alquitara. A cita, que este ano levou por lema Camiños de Auga e Soños, desenvolveu un amplo programa de actividades para todos os públicos ao longo da xornada, nun ambiente festivo amenizado pola charanga Louband. García Porto salientou o apoio da institución provincial a este evento, co que colabora a través do Plan Deputación de Cooperación cos Concellos 2025 cunha achega de 6.000€.