A VIII Edición do Concurso de Fotografía tivo como fío condutor nesta edición do 2025 “O patrimonio etnográfico material das Reservas da Biosfera Terras do Miño e Os Ancares Lucenses”, coa finalidade de poñer en valor, dar a coñecer e divulgar o patrimonio etnográfico material representativo do aproveitamento sostible dos recursos naturais destas Reservas da Biosfera. Incluía, entre outros bens, hórreos, muíños, aceas, lavadoiros, fontes, pontellas, cortíns, pallozas e outras construcións tradicionais, que constitúen a pegada dos nosos devanceiros e o seu bo facer á hora de aproveitar os recursos dun xeito sostible sen comprometer á súa persistencia ou esgotamento.
FOTOS GAÑADORAS
FOTOS PARTICIPANTES