O Presidente amosa o apoio da Deputación ás persoas afectadas pola esclerose múltiple
O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, xunto a Deputadas e Deputados provinciais, visitou a mesa informativa que instalou este venres a Asociación Lucense de Esclerose Múltiple (ALUCEM) na Praza de San Marcos para a visibilizar e concienciar sobre esta enfermidade, coincidindo coa celebración do Día Mundial da Esclerose Múltiple, que se conmemora cada 30 de maio. A Deputación de Lugo mantén ano tras ano unha colaboración firme coa entidade lucense, á que achega 10.000 euros para levar a cabo os diversos servizos que ofrece ás 86 persoas da provincia que atende. Rivera Capón destacou o labor esencial que desenvolve ALUCEM para mellorar a calidade de vida das persoas afectadas pola enfermidade, así como o apoio que ofrece ás súas familias, facilitando a súa día a día.