A Deputación de Lugo comeza hoxe o desbroce dos 4.200 quilómetros de estradas provinciais

A Deputación de Lugo comezou este luns, 2 de xuño, os traballos de desbroce nos máis de 4.200 quilómetros de estradas provinciais. A institución provincial destina este ano en torno a 1,5M€ a estas tarefas que arrancan de forma simultánea nas 24 zonas nas que está dividido o contrato da súa rede viaria para levalo a cabo dun xeito máis eficiente.
As rozas terán un prazo de execución dun máximo de mes e medio, polo que está previsto que a mediados de xullo estean rozadas as estradas provinciais nos 67 concellos. Unhas tarefas coas que a Deputación mellorará a seguridade viaria e a comodidade dos condutores, ademais de favorecer a prevención de incendios durante o verán.
As 24 zonas nas que está dividida a rede provincial para desenvolver os desbroces son as seguintes:
ZONA |
CONCELLOS |
PUNTO DE INICIO |
1 |
O Vicedo, Viveiro, Xove e Ourol |
Viveiro, LU-P-6607 |
2 |
Burela, Cervo, Foz, O Valadouro e Alfoz |
Cervo, LU-P-1509 |
3 |
Muras, Xermade e Vilalba |
Xermade, LU-P-2201 |
4 |
Barreiros, Ribadeo, Trabada e Lourenzá |
Ribadeo, LU-P-5204 |
5 |
Mondoñedo e Abadín |
Mondoñedo, LU-P-3102 |
6 |
A Pontenova, Riotorto e A Pastoriza |
Riotorto, LU-P-5501 |
7 |
Cospeito, Rábade, Outeiro, Guitiriz e Begonte |
Cospeito, LU-P-1701 |
8 |
Castro de Rei, Pol e Meira |
Pol, LU-P-1611 |
9 |
Lugo e Guntín |
Lugo, LU-P-2906 |
10 |
Castroverde e O Corgo |
Castroverde, LU-P-1204 |
11 |
Friol |
Friol, LU-P-2119 |
12 |
Baleira, Baralla e Láncara |
Láncara, LU-P-2703 |
13 |
Ribeira de Piquín e A Fonsagrada |
Fonsagrada, LU-P-1901 |
14 |
Negueira de Muñiz e Navia de Suarna |
Navia, LU-P-3501 |
15 |
Becerreá e As Nogais |
As Nogais, LU-P-3702 |
16 |
Cervantes e Pedrafita do Cebreiro |
Pedrafita, LU-P-4503 |
17 |
Antas, Monterroso, Portomarín e Palas de Rei |
Portomarín, LU-P-4910 |
18 |
O Páramo, Paradela e Sarria |
O Páramo, LU-P-4304 |
19 |
O Incio, Triacastela e Samos |
Samos, LU-P-5602 |
20 |
Taboada e O Saviñao |
O Saviñao, LU-P-5819 |
21 |
Chantada e Carballedo |
Caballedo, LU-P-1001 |
22 |
Folgoso do Courel, Quiroga e Ribas de Sil |
Ribais de Sil, LU-P-5302 |
23 |
Bóveda, Pobra do Brollón e Monforte de Lemos |
Monforte, LU-P-3201 |
24 |
Pantón e Sober |
Sober, LU-P-3201 |
Un 21% dos fondos para mobilidade
A mellora da mobilidade centra outro dos grandes piares dos Orzamentos este ano 2025, e por iso o Goberno provincial destina ás estradas máis do 21% do total. A Deputación incrementou, ata os 27,31M€ as partidas de obra nova, conservación, desbroce e actuacións do Parque Móbil, o que representa unha suba destes apartados en máis dun 42% respecto ao 2024, cando a institución destinou 19,4M€. O dobre do investimento que no 2019, cando as partidas para estradas sumaban algo máis de 14M€.