A Deputación felicita aos titulados de Nutrición, Empresa e Tecnoloxía e ADE do Campus de Lugo

O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo RiveraCapón, deu os parabéns este venres aos estudantes que remataron os seus estudos nos graos de Nutrición Humana e Dietética, Empresa e Tecnoloxía, e Administración e Dirección de Empresas (ADE), impartidos no Campus de Lugo da Universidade de Santiago de Compostela.
Pablo Rivera destacou nestes actos académicos o esforzo do alumnado e o papel fundamental do Campus lucense “como espazo de formación, innovación e compromiso co territorio”. Lembrou que a Deputación de Lugo é unha das principais aliadas deste Campus e a institución provincial de toda España que máis inviste no ensino superior “como piar estratéxico para o desenvolvemento económico e social da provincia”.
O acto de graduación do grao en Nutrición Humana e Dietética celebrouse no Salón de Actos da Facultade de Ciencias, mentres que a graduación de ADE tivo lugar noauditorio da Facultade de Veterinaria.