O Presidente acompaña a Manuela Sáez na súa condecoración coa Ordine della Stella d’Italia
O Presidente da Deputación de Lugo e Alcalde de Monforte de Lemos, José Tomé Roca, participou este mércores na cerimonia de entrega do título de Cavaliere da OrdinedellaStellad’Italiaá historiadora monfortina Manuela Sáez, celebrada á tardiña na Embaixada de Italia en Madrid.
O acto, presidido polo Embaixador GiuseppeBuccinoGrimaldi, serviu para recoñecer o extenso labor investigador de Sáez arredor da figura de Pedro Fernández de Castro, VII Conde de Lemos, virrei de Nápoles entre 1608 e 1616. A historiadora leva máis de 45 anos dedicada ao estudo desta figura histórica.
O seu traballo culminou coa publicación da obra en dous volumes Vida y obra del VII conde de Lemos, presentada ¡ no Palacio de Liria en Madrid, e que afonda na vida política, cultural e institucional do Conde de Lemos.
Durante o acto, José Tomé Roca destacou que “Manuela Sáez representa o talento e o compromiso coa nosa historia, proxectando o nome de Monforte e da provincia de Lugo no ámbito internacional”. Engadiu ademais que “o seu traballo é un exemplo do valor da investigación seria e rigorosa, que nos permite coñecer mellor as nosas raíces e situar a nosa cultura no mapa europeo. É unha honra para Monforte e para toda a provincia contar cunha figura coma ela”.
O galardón da OrdinedellaStellad’Italia, concedido pola República Italiana, representa un recoñecemento ás persoas que fomentan as relacións de amizade e colaboración entre Italia e outros países, tanto no eido cultural como científico.