Deputación de Lugo

A Deputación participa na graduación da primeira promoción do Grao en Xestión Cultural

graduacion
CAMPUS TERRA USC

O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, participou este sábado no acto de graduación da primeira promoción do Grao en Xestión Cultural da Universidade de Santiago de Compostela. A este evento, que se celebrou no Salón de Actos da Facultade de Humanidades de Lugo, tamén acudiu a Tenente de Alcalde do Concello de Lugo, Olga López Racamonde. 


Na súa intervención, Rivera Capón felicitou aos estudantes e ás súas familias e destacou que “a provincia de Lugo precisa máis que nunca de xente coma vós: formada, creativa, con paixón e con ideas. Por iso, desde a institución provincial, tedes o noso compromiso, porque apoiamos o talento para que faga raíces aquí, porque sen cultura, e sen futuro, non hai provincia”.