Deputación de Lugo

A Deputación participa no acto de graduación do alumnado da UNED Sénior de Lugo

Pablo Rivera Capón
UNED
SENIOR
graduación

O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, participou este mércores no acto de graduación dos alumnos e alumnas da promoción 2024-2025 da UNED Sénior de Lugo. No acto, que foi celebrado no Salón de Actos do centro universitario, tamén se fixo entrega dos diplomas ao alumnado participante no programa Experiencias Primeiro Emprego do SEPE, no marco do Plan de  Recuperación, Transformación e Resiliencia da Unión Europea. 

Tamén participaron no acto de graduación o Alcalde de Lugo, Miguel Fernández, o Delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco Lobeiras, e a Directora do Centro Asociado de Lugo, Ana Belén Traseira.