A Vicepresidencia da Deputación de Lugo pon en marcha o Circuíto de Teatro Profesional 2025, con dezaseis compañías e máis dunha trintena de obras en catálogo.
Os concellos e asociacións culturais poden solicitar a súa participación no programa á area de Cultura, que financia entre o 70 e o 90 cento do importe das representacións.
Os programadores poderán adherirse ao programa ata que se esgote o orzamento ou, en todo caso, ata o luns 7 de xullo . As actuacións poderán programarse ata o 31 de decembro de 2025.
Catálogo de propostas e condicións de participación
Declaración responsable para a solicitude
Máis información ana.vigo@deputacionlugo.org