Deputación de Lugo

O Presidente da Deputación participa na Ofrenda ao Santísimo Sacramento que estrea declaración BIC

JOSE TOMÉ
Ofrenda Reino de Galicia
Catedral de Lugo
concello de lugo

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, participou este domingo na cidade de Lugo nos actos da tradicional Ofrenda do Antigo Reino de Galicia ao Santísimo Sacramento, que este ano realizou Betanzos, e que, por primeira vez, celebrouse tras ser recoñecida oficialmente como Ben de Interese Cultural (BIC). O mandatario provincial destacou que este recoñecemento “pon en valor o importante legado histórico, relixioso e cultural desta tradición secular, que mantén viva a memoria institucional do Reino de Galicia”. A xornada comezou coa recepción oficial na Casa Consistorial, onde foron recibidos os representantes institucionais das sete antigas capitais do Reino de Galicia: A Coruña, Lugo, Ourense, Santiago de Compostela, Mondoñedo, Betanzos e Tui. Desde alí, a comitiva desprazouse á Catedral de Lugo, onde tivo lugar a cerimonia relixiosa, onde os representantes cumpren co voto solemne feito en 1669 para apoiar economicamente a Catedral, iluminando o seu Altar Maior onde o Santísimo Sacramento está permanentemente exposto.