San Marcos acolle a presentación do congreso polo 40 aniversario do Consello de Contas en Galicia
“A actividade do Consello de Contas fortalece o noso sistema democrático e contribúe a mellorar o funcionamento das administracións locais, que son as máis próximas aos veciños e veciñas”, subliñou o mandatario provincial
O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca; o Conselleiro Maior do Consello de Contas, Juan Carlos Aladro Fernández; e o Conselleiros da Área de Corporacións Locais do Consello de Contas, Simón Rego Vilar, presentaron este xoves no Pazo de San Marcos o congreso que se celebrará na cidade da Coruña -entre o 15 e o 16 de setembro- con motivo do 40 aniversario do Concello de Contas. A cita, que conmemora catro décadas da Lei de Bases de Réxime Local e da consolidación do control externo das entidades locais en Galicia, pretende ser un foro de diálogo para facer balance da historia desta regulamentación e marcar os retos de futuro.
“A actividade do Consello de Contas fortalece o noso sistema democrático e contribúe a mellorar o funcionamento das administracións locais, que son as máis próximas aos veciños e veciñas”, subliñou o mandatario provincial. Destacou que desde a Deputación de Lugo “mantemos unha colaboración fluída co Consello. Compartimos accións formativas, encontros e iniciativas arredor de temas cruciais como a transparencia, a integridade institucional ou a modernización dos procedementos administrativos”.
Tomé Roca lembrou que para el “a Deputación é o Concello dos concellos”, xogando un papel fundamental para o día a día dos municipios da provincia. “Precisamente por iso estamos especialmente comprometidos co fortalecemento do sistema local, coa súa transparencia e coa súa capacidade de resposta”.
O congreso contará con relatores de relevancia nacional e internacional no ámbito da xestión pública como Carles Ramió, Catedrático de la Universitat Pompeu Fabra; Santiago Lago-Peñas, catedrático de Economía Aplicada de la USC; Francisco Velasco Caballero, catedrático de Dereito Administrativo de la Universidade Complutense; Ismael Peña-López, investigador e exdirector da Escola de Administración Pública de Cataluña; ou Alfredo Galán, director de la Fundación Democracia y Goberno Local.