Deputación de Lugo

A Deputación inicia as obras de mellora navía provincial que une Monterroso con Guntín por Montecalvo

rede viaria provincial
Monterroso
GUNTIN
A institución provincial destina case 133.000€ para acometer estes traballos que afectan á totalidade da vía, case 6 quilómetros, e que consisten na limpeza de cunetas, saneamento e a rehabilitación do firme

A Deputación de Lugo vén de iniciar esta semana as obras de mellora da estrada LU-P-3303, que conecta os municipios de Monterroso e Guntín a través de Montecalvo. Esta actuación supón un investimento de preto de 133.000€, e permitirá renovar por completo os case 6 quilómetros de vía que ten este trazado.

A estrada enlaza a N-547, ao seu paso por Montecalvo, coa N-640 en Valdeporrás. Os traballos están a ser executados pola empresa José No Mantiñán e HijosConstrucciones SA, e inclúen a reapertura de cunetas, o saneamento da explanada e do firme, a reparación de afundimentos e outros desperfectos, así como a repavimentación da vía e a reposición da sinalización horizontal e vertical.

O prazo previsto de execución é de tres meses, aínda que se estima que as obras poidan estar rematadas antes se as condicións meteorolóxicas son favorables.

Esta intervención enmárcase na aposta decidida da Deputación de Lugo por mellorar a rede viaria provincial e contribuír ao desenvolvemento socioeconómico dos concellos. Trátase dunha liña de actuación prioritaria para a institución, comprometida coa conservación e mellora da rede viaria provincial, a máis extensa do Estado, con máis de 4.000 quilómetros de lonxitude.