O Presidente e o Alcalde de Castroverde asinan un convenio de preto de 600.000€ para mellorar a mobilidade e os servizos públicos no municipio
José Tomé subliñou que este apoio económico demostra, unha vez máis, que a Deputación é unha administración esencial para os concellos, especialmente dos do rural con menos recursos económicos para mellorar e ampliar servizos públicos
O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, e o Alcalde de Castroverde, Xosé María Arias, formalizaron este xoves no Pazo de San Marcos un convenio de colaboración que supón unha inversión total de preto de 600.000 euros destinada á mellora da mobili-dade e dos servizos públicos no municipio de Castroverde. A Deputación achegará 300.000 euros, mentres que o Concello asumirá o resto do orzamento, que beneficiará aos veciños e veciñas de case unha vintena de parroquias do municipio.
José Tomé destacou que “esta nova colaboración con Castroverde demostra o compromi-so firme da Deputación para apoiar aos concellos, especialmente aos rurais, que dispo-ñen de menos recursos para mellorar e ampliar os seus servizos públicos. Somos cons-cientes da importancia destas inversións para garantir a igualdade de oportunidades e mellorar a calidade de vida dos municipios máis pequenos da provincia”.
Pola súa banda, o Alcalde de Castroverde, Xosé María Arias, valorou positivamente este acordo e sinalou que “grazas a esta colaboración poderemos acometer actuacións nece-sarias que responden a demandas dos nosos veciños e veciñas. A mellora das infraestru-turas é fundamental para facilitar a mobilidade e garantir servizos básicos de calidade en todas as nosas parroquias”.
Mellora de vías e accesos municipais e infraestruturas
O acordo contempla seis actuacións principais, enfocadas principalmente a mellorar a mobilidade rural mediante o acondicionamento de vías e accesos municipais, así como a mellora de infraestruturas.
Levarase a cabo a rexeneración do firme asfáltico en 14 accesos a estradas municipais, cun investimento de 237.000 euros. Esta intervención beneficiará a núcleos situados en diversas parroquias, como Bolaño, Vilabade, Riomol, Masoucos, Pumarega, Furís de Abai-xo, Porcín, Páramo, San Paio de Arcos, Moreira e Montecubeiro.
Ademais, realizaranse melloras na pavimentación das zonas do Couso, Espasande, O La-tadal, Outeiro, San Paio e Moreira, cun orzamento superior aos 170.000 euros. Estas obras incluirán traballos de drenaxe e canalización de augas pluviais para optimizar a segurida-de viaria e evitar posibles inundacións. Tamén está previsto o acondicionamento do vial que conecta Furís de Arriba con O Latadal, xunto con diversas actuacións nos núcleos de Tórdea, Espasande, Outeiro e San Xuliana, para o que se destinarán preto de 50.000 eu-ros.
Por outra banda, mellorarase o acceso a Miranda, coa ampliación do gálibo, a renovación do firme e a posta en valor dunha zona próxima a unha fonte protexida, contando cun orzamento tamén próximo aos 50.000 euros. Dentro das actuacións, contempla¬se igual-mente a mellora do camiño agrícola da Valiña, situado na parroquia de Montecubeiro, que dá acceso a numerosas parcelas agrícolas e forestais. E por último, levarase a cabo a pro-longación da rede de abastecemento municipal ata o núcleo de Covelas, garantindo así o subministro de auga potable á veciñanza desta zona.