Deputación de Lugo

A Deputación reafirma o seu compromiso coa universidade pública na apertura da 18ª edición do Máster en Dirección de Proxectos da EPSE

USC

O Deputado Promoción Económica e Social, PabloRivera Capón, participou este xoves na Escola Politécnica Superior de Enxeñaría (EPSE) no acto de presentación do inicio do curso da 18ª edición do Máster en Dirección de Proxectos. PabloRiveradeulle a benvida ao novo alumnado e recordouque a de Lugo é a Deputación que máis inviste na universidade pública. De feito, destacou que nesta mesma xornada o Presidente e o Reitor da USC asinaron un convenio de colaboración, a través do que a institución destina 370.500€ á universidade, “unha achega que non é só unha cifra, senón un compromiso político e social co futuro da educación pública”.

 

Neste acto tamén participaron o vicerreitor de Coordinación do Campus de Lugo da USC, Francisco José Fraga;o Alcaldede Lugo, Miguel Fernández, a directora da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría, Rosa Romero, e o coordinador do Máster, Martín Barrasa.