Deputación de Lugo

O Presidente visita en San Marcos a mesa de cuestación de AFALU para apoiar a visibilización do alzhéimer

José Tomé Roca
afalu
Mesa de cuestación AFALU

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, xunto ao Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, visitou este venres a mesa informativa e de cuestación que instalou a Asociación de Familiares e Enfermos de Alzhéimer de Lugo (AFALU) na Praza de San Marcos. A institución provincia súmase a esta campaña de visibilización con motivo do Día Mundial desta doenza, que terá lugar o domingo, 21 de setembro. 

A institución provincial colabora con este colectivo cunha achega de 12.000€ anuais para o programa de Estimulación Cognitiva de Enfermos de Alzheimer e outras Demencias, permitindo terapias non farmacolóxicas, atención psicolóxica e formación a coidadores, especialmente en zonas rurais da provincia, onde o acceso a estes recursos é máis limitado.