Deputación de Lugo
Economía

A Deputación e a Federación de Comercio sortean mañá o premio de 2.500€ entre os participantes da campaña de bonos Volta ao Cole

Federación de Comercio
Este xoves, ás 19:00 horas na Praza de San Marcos, as persoas que acrediten unha compra nos negocios de proximidade da provincia entre o 1 de setembro e o 16 de outubro poderán optar, ata esgotar as participacións, a unha tarxeta de prepago

A Deputación de Lugo e a Federación de Comercio sortean mañá na Praza de San Marcos, ás 19:00 horas, o gran premio de 2.500€ entre os participantes da campaña de bonos Volta ao Cole que puxeron en marcha ambas entidades. Poderán optar á tarxeta de prepago aquelas persoas que acrediten unha compra unha compra nos negocios de proximidade da provincia entre o 1 de setembro e o 16 de outubro, ata esgotar as participacións.

No acto procederase a entregar os 22.500€, repartidos en 90 bonos de 250€, aos agraciados nesta iniciativa de dinamización do comercio que se desenvolveu durante o mes de setembro. Ao rematar a entrega realizarase o sorteo en directo do premio final de 2.500€. Desde as 18:00 horas cada consumidor poderá cambiar un tícket de compra por un boleto para participar no sorteo. O premio poderase gastar nunha única xornada de compras na localidade elixida pola persoa que resulte gañadora, que terá que realizar compras nun mínimo de 10 negocios comerciais por un importe mínimo de 100€ en cada un.

A entrega de premios contará coa presencia do Presidente da Deputación Provincial de Lugo, José Tomé Roca; o Presidente da Federación Galega de Comercio, José María Seijas López; o Alcalde de Lugo, Miguel Fernández Méndez; a subdelegada do Goberno en Lugo, Olimpia LópezRodríguez; o Deputado de Promoción Económica, PabloRivera Capón, e a directora territorial de ABANCA, ZairaDapena.