O Pazo de San Marcos acolle a presentación da 12ª revista Micolucus coa que colabora a Deputación
A Sociedade Micolóxica Lucus vén de presentar este venres no Salón de Actos do Pazo de San Marcos a 12ª edición da revista anual Micolucus. A institución provincial colabora con este colectivo, de referencia no estudo e na divulgación do patrimonio micolóxico da provincia, cunha achega económica de 3.500€ destinada á elaboración desta publicación e a diferentes actividades de formación. Nesta ocasión, a revista duplica a súa extensión e presenta artigos científicos e divulgativos relacionados coa micoloxía ou a primatoloxía. Ademais, non só se distribuirá por territorio nacional, senón que tamén chegará a 18 países.