Iria Castro anima ao estudantado do Grao de Xestión Cutltural a participar nas actividades arredor dos Premios Mestre Mateo
A deputada de Cultura Iria Castro e a concelleira de Participación e Servizos á Veciñanza do Concello de Lugo Cristina López achegáronse esta mañá á Facultade de Humanidades, onde convidaron ao estudantado do Grao de Servizos Culturais e do Mestrado de Servizos Culturais a participar das actividades que se celebrarán na cidade arredor dos Premios Mestre Mateo.
Iria Castro e Cristina López participaron nunha clase con estudantes de materias relacionadas coas industrias culturais e os medios audiovisuais, cos que compartiron as implicacións da colaboración coa Academia Galega do Audiovisual para a organización da gala que se celebrará o vindeiro 21 de marzo no Auditorio Fuxan Os Ventos.
Destacaron ademais a vontade das dúas institucións - Deputación e Concello- de crear unha programación extendida ao longo de dous meses para promover a implicación da cidadanía nos Premios e socializar a importancia do sector audiovisual.
O estudantado asistiu este martes á lectura dos finalistas dos Premios Mestre Mateo que se celebrou no Vello Cárcere de Lugo, un acto aberto por primeira vez á cidadanía.