Cultura
Deputación de Lugo

Daniel García destaca as peñas e comparsas como o auténtico motor do Entroido de Foz

VICEPRESIDENCIA DEPUTACIÓN LUGO
ENTROIDO DE FOZ
COMPARSAS
AS FARANGULLAS
A Vicepresidencia da Deputación apoia estes colectivos focenses a través de axudas para actividades e equipamento

O deputado Daniel García achegouse este xoves á inauguracion da exposición de entroido da comparsa As Farangullas de Foz, que mostra traxes, toucados, fotografías e anécdotas acumuladas en case tres décadas de traxectoria do colectivo.

O responsable de Rural, Mar e Mocidade destacou que “as peñas e comparsas son o auténtico motor do Carnaval de Foz, unha referencia na Mariña e dos máis vistosos e participados dos que se celebran por todo o país” e destacou  “que a implicación da veciñanza nestes colectivos, transversais e interxeneracionais, demostran ata que punto o Carnaval é parte da identidade de Foz”.

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo apoia a actividade destes colectivos, a través das subvencións de concorrencia competitiva da área de Cultura.  As Farangullas,  Sin Xeito, Éche o que hai e Pé do Molete son as peñas focenses que recibiron estas axudas na última convocatoria, ben para a organización de actividades ben para a compra de instrumentos e equipamento, sumando máis de 4.300 euros. A área de Cultura traballa xa nas bases da convocatoria deste ano.