Cultura
Deputación de Lugo

Proxección coloquio dos videoclips finalistas aos XXIV Premios Mestre Mateo

VICEPRESIDENCIA DEPUTACIÓN LUGO
XXIV PREMIOS METRE MATEO
VIDEOCLIPS

O Pazo de San Marcos acolleu este xoves unha proxección coloquio dos videoclips finalistas aos XXIV Premios Mestre Mateo, coa participación de artistas e membros dos equipos de produción e realización dos audiovisuais.

O acto contou coa participación do música do Valadouro Nuno Pico e do realizador cervense Xaime Miranda polo videoclip “Ontes fun moi malo” de Grande Amore;  Fran Fórneas, produtor executivo, e Sergio Marey, responsable do deseño de vestiario, do videoclip "Ferido" de O Xoán, o proxecto musical do actor chairego  Xoan Fórneas; da cantante de Ourol Sabela Ramil e de Andrea Mesa, produtora do videoclip “Non cho podo dar”, e de Sara Faro e María Pérez, Fillas de Cassandra, nomeadas polo videoclip de “Hibernarse”.Contou tamén coa participación de Laura Lamontagne, que moderou o coloquio e pechou o acto cunha actuación.

A deputada de Cultura Iria Castro, o deputado de Mocidade Daniel García, a concelleira de Cultura de Lugo Maite Ferreiro e o académico Xosé Manuel Barreira asistiron ao acto, no que as e os participantes e expuxeron aspectos do proceso de produción e realización dos vídeos musicais.

No acto, destacouse a presenza de artistas, profesionais do audiovisual e localizacións das comarcas de Lugo. "Iso é algo que queremos poñer tamén en valor, para demostrar que a creación audiovisual pode darse tamén lonxe dos grandes centros e circuítos culturais máis convencionais”, sinalou a deputada de Cultura

A actividade amplía a programación organizada nas últimas semanas pola Academia Galega do Audiovisual e a Vicepresidencia da Deputación de Lugo arredor da celebración da XXIV Premios Mestre Mateo, que se entregarán por primeira vez en Lugo, no Auditorio Fuxan Os Ventos, o vindeiro 21 de marzo.