Deputación de Lugo

O talento audiovisual da provincia de Lugo amosa a súa forza na Gala dos Mestre Mateo

MESTRE MATEO

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, asistiu este sábado á gala dos XXIV Premios Mestre Mateo no auditorio Fuxan os Ventos, que por primeira vez reuniu en Lugo os galardóns máis importantes do audiovisual galego. Carmela López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual “por elixir a cidade das murallas como sede”, destacando a relevancia desta cita para visibilizar o talento local e apoiar a cultura e o audiovisual na provincia. Durante a gala felicitou aos premiados da noite e destacou “a forte presenza de artistas lucenses”, que evidencian “o bo momento que vive o sector audiovisual, un sector polo que apostamos desde a Deputación a través do noso Centro de Formación e onde vemos hoxe aquí moitas persoas que foron alumnos e alumnas nosos”, subliñou a Presidenta. 

Entre os profesionais lucenses estiveron o músico do Valadouro Nuno Pico e o realizador cervense Xaime Miranda, responsables do videoclip Ontes fun moi malo, de Grande Amore, así como Fran Fórneas e Sergio Marey, do videoclip Ferido do Xoán. Tamén participaron a cantante de Ourol Sabela Ramil e a produtora Andrea Mesa, do videoclip Non cho podo dar, e o dúo Fillas de Cassandra, representadas por Sara Faro e María Pérez; e os burelense Breixo Llano parte doequipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, dirixida polo naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas da edición, con 14 nominacións, destacando entre as obras máis recoñecidas do audiovisual galego.

Foto familia Mestre Mateo