Menu toggle
Medioambiente

CONVOCATORIA, EN RÉXIME DE CONCORRENCIA COMPETITIVA, PARA A CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS DESTINADAS A ENTIDADES ASOCIATIVAS SEN ÁNIMO DE LUCRO DAS RESERVAS DA BIOSFERA TERRAS DO MIÑO E OS ANCARES LUCENSES PARA O DESENVOLVEMENTO DE ACTIVIDADES DE POSTA EN VALOR DO PATRIMONIO NATURAL, CULTURAL E PAISAXÍSTICO DESTES TERRITORIOS NA ANUALIDADE 2026

En sesión celebrada o 27 de marzo de 2026, a Xunta de Goberno da Deputación Provincial de Lugo acordou a aprobación das bases da convocatoria, en réxime de concorrencia competitiva, para a concesión de subvencións destinadas a entidades asociativas sen ánimo de lucro das Reservas da Biosfera Terras do Miño e Os Ancares Lucenses para o desenvolvemento de actividades de posta en valor do patrimonio natural, cultural e paisaxístico destes territorios na anualidade 2026.

Beneficiarios

Entidades ou asociacións sen ánimo de lucro legalmente constituídas, inscritas no rexistro publico correspondente na data de publicación desta convocatoria, con sede/delegación social ou cuxo ámbito territorial de actuación estea incluído nas Reservas da Biosfera Terras do Miño ou Os Ancares Lucenses e Montes de Cervantes, Navia e Becerreá (en adiante, Os Ancares Lucenses), e cuxo obxecto social estea relacionado con algunha das liñas dos Plans de Xestión das referidas Reservas.

Obxecto

Estas subvencións están destinadas ao desenvolvemento de actividades de posta en valor do patrimonio natural, cultural e paisaxístico destes territorios na anualidade de 2026, e cuxos fins contribúan ao cumprimento dalgunha das Liñas dos Plans de Xestión das referidas Reservas da Biosfera.

A convocatoria inclúe dúas liñas diferenciadas:

- A LIÑA 10.2 destinada á execución de actividades no territorio da Reserva da Biosfera Terras do Miño, do que forman parte os seguintes 26 municipios: Abadín, Alfoz, Baralla, Begonte, Castro de Rei, Castroverde, O Corgo, Cospeito, Friol, Guitiriz, Guntín, Láncara, Lugo, Meira, Mondoñedo, Muras, Ourol, Outeiro de Rei, O Páramo, A Pastoriza, Pol, Rábade, Riotorto, O Valadouro, Vilalba e Xermade.

- A LIÑA 10.3 destinada á execución de actividades no territorio da Reserva da Biosfera Os Ancares Lucenses, do que forman parte os seguintes 3 municipios: Becerreá, Cervantes e Navia de Suarna.

Gastos subvencionables

Os gastos subvencionables son gastos correntes (non se subvencionarán inversións), segundo a base 4 da convocatoria.

Nesta anualidade 2026 non se subvencionarán:

- Os gastos de comidas e restauración, salvo que a actividade subvencionada teña como obxectivo principal a posta en valor de produtos agroalimentarios orixinarios da Reserva da Biosfera e de maneira indubitada estes gastos respondan á natureza da actividade subvencionada (por exemplo, xornada de degustación de produto autóctono).

- Os gastos de actuacións musicais que non respondan ao obxectivo de promoción e difusión da música tradicional e do patrimonio cultural da Reserva da Biosfera.

Contía

A cantidade destinada para a concesión das referidas subvencións será de cento noventa mil euros (190.000,00 €):

  • A LIÑA 10.2 (Reserva da Biosfera Terras do Miño) está dotada con 120.000 €.
  • A LIÑA 10.3 (Reserva da Biosfera Os Ancares Lucenses) está dotada con 70.000 €.

A subvención que a Deputación Provincial pode conceder estará comprendida no intervalo establecido na seguinte táboa:

IMPORTE MÍNIMO

IMPORTE MÁXIMO

1.000,00 €

7.000,00 €

 

Concesión provisional (BOP nº 177 do 05.08.2026) 

A Xunta de Goberno da Deputación Provincial de Lugo en sesión celebrada o 31 de xullo de 2026, acordou aprobar a resolución provisional da referida convocatoria de subvencións e notificar o acordo provisional aos interesados de acordo co previsto na base 10 da convocatoria, concedéndolles un prazo de dez días hábiles, a contar dende o día seguinte ao da publicación do citado acordo de resolución provisional no BOP, para presentar alegacións.

De acordo co punto 10 RESOLUCIÓN E COMUNICACIÓN das bases da convocatoria, respecto ao acordo de resolución provisional:

“Ao abeiro do disposto no artigo 45 da Lei 39/2015 (LPACAP), o acordo de concesión provisional do procedemento non será obxecto de notificación individualizada, senón que será obxecto de notificación por medio de publicación no BOP, concedendo un prazo de dez días hábiles a contar dende o día seguinte ao da publicación do citado acordo de resolución provisional no BOP.

Así mesmo o acordo de concesión provisional tamén será obxecto de publicación na páxina web da Deputación de Lugo www.deputacionlugo.gal.

Se neste prazo algún interesado presentase a súa renuncia á subvención concedida nesta concesión provisional, o crédito que quede dispoñible poderá repartirse entre o resto de solicitantes propostos provisionalmente como beneficiarios/as dunha subvención. Este reparto realizarase proporcionalmente aos puntos acadados por cada un na valoración da súa solicitude, respectando o importe mínimo e máximo establecido nesta convocatoria, así como o importe da subvención solicitada por cada entidade.

2. Finalizado, no seu caso, o trámite de audiencia sen formularse alegacións, o acordo de resolución provisional terá carácter definitivo e procederase á publicación no BOP do anuncio correspondente para o seu coñecemento e efectos oportunos.

Así mesmo o citado anuncio tamén será obxecto de publicación e na páxina web da Deputación de Lugo www.deputacionlugo.gal.”

Contra esta resolución provisional, por tratarse dun acto de trámite, non caberá recurso ningún en virtude do establecido no artigo 112 da LPACAP, sen prexuízo de que realicen cantas alegacións estimen pertinentes en favor dos seus dereitos e intereses lexítimos.

Bases reguladoras

As bases da convocatoria (así como os modelos de solicitude e de xustificación) pódense consultar na web da Deputación Provincial de Lugo:

https://www.deputacionlugo.gal/gl/temas/medioambiente/subv_activ_RRBB2026

Outros datos

O prazo máximo de execución da actividade subvencionada será dende o 1 de xaneiro de 2026 ata o 31 de decembro do 2026.

Cando menos, o 5% do custo total da actuación subvencionada deberá ser financiado con recursos propios da entidade beneficiaria.

Unha mesma entidade asociativa poderá concorrer nesta convocatoria á LIÑA 10.2 (territorio da Reserva da Biosfera Terras do Miño) e, do mesmo xeito, á LIÑA 10.3 (territorio da Reserva da Biosfera Os Ancares Lucenses). Con todo, unha mesma entidade asociativa só poderá ser beneficiaria dunha única subvención en cada liña desta convocatoria e, do mesmo xeito, só poderá presentar unha única solicitude a cada liña.

Así mesmo, calquera documentación presentada con posterioridade á aquela formulada coa solicitude inicial deberá presentarse no referido expediente de solicitude.

Para acceder a expediente deberá seguir os seguintes pasos:

  • Acceder e identificarse na sede electrónica da Deputación
  • Entrar en "O meu cartafol"
  • Os meus expedientes
  • Incorporar documentación

Para máis información:

Teléfono: 982 227 813

E-mails: terrasdomino@deputacionlugo.org

                ancareslucenses@deputacionlugo.org

Bases da convocatoria, modelos de solicitude e outra documentación de interese:

Bases da convocatoria

Publicación anuncio convocatoria BOP 07.04.2026

Resolución provisional convocatoria BOP 05.08.2026

Modelo de renuncia da subvención concedida 2026

Modelos de presentación da conta xustificativa:

Anexo IV: Memoria conta xustificativa. Formato pdf (prema, descargue e garde). Formato .odt

Anexo V: Relación clasificada de gastos. Formato pdf (prema, descargue e garde). Formato .odt

Anexo VI: Declaración conxunta. Formato pdf (prema, descargue e garde). Formato .odt

Outra documentación de interese:

Plan de Xestión da Reserva da Biosfera Terras do Miño (2024-2034)

Plan de Xestión da Reserva da Biosfera Os Ancares Lucenses e Montes de Cervantes, Navia e Becerreá (2024-2034)

Logotipos a incluír na execución das actividades:

- Imaxe corporativa da Deputación de Lugo

- Imaxe Programa MaB UNESCO

- Imaxe da Reserva da Biosfera Terras do Miño

- Imaxe da Reserva da Biosfera Os Ancares Lucenses